En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
San Sadurniño, 2012
A colaboración do Concello coas asociacións deportivas locais -CF San Sadurniño e Aldebarán voleibol-, fixo medrar o deporte base e o agromar das Escolas Deportivas do Concello , segundo contan nesta reportaxe sobre fútbol sala emitida na TVG o 24/11/2012 dentro do programa Cancha Junior .
Temas: escola, lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, deporte, asociacións actuais, San Sadurniño (Concello), fútbol
Autor/a: Fálame