Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1995
Anteriores eleccións de 1991
O 28 de maio de 1995 celebráronse as quintas eleccións municipais. Participaron un 75,53 % dos electores, dous puntos menos que nas anteriores de 1991.
O Partido Popular de Constantino Bedoya, segue a incrementar a súa avantaxe electoral, acadando a maioría absoluta cun 48,59 % do electorado (1.210 votos), o que lle outorga seis concelleiros, (gañando un edil a respecto das eleccións de 1987):
Constantino Bedoya Vazquez
José Manuel Aneiros Rodríguez
José Serafín Gudín Sabín (Bardaos)
José María Hermida Hermida
Juan Manuel Pita López. (Santa Mariña)
Hipólito Yáñez Cascudo, (Igrexafeita, 1955-2016)
O segundo partido mais votado foi PSOE co 31,75%. Baixa un pouco o seu apoio electoral ata o 25% do electorado (643 votos), perdendo un concelleiro:
Manuel José Lamas Soto
José A Grandal Carballo (Naraío)
Martín Sanjurjo Sixto (San Sadurniño)
O terceiro partido foi a candidatura "Independientes de San Sadurniño" , con Fernando Barro, que experimentou un acusado descenso co 14,8 % dos votos (369), perdendo un concelleiro:
Fernando Barro Sabín.
O cuarto partido foi a candidatura "BNG" , que presentaba o seu programa por segunda vez á alcaldía, duplicando os seus votos ata o 9,96 % dos electorado (248 votos), e un representante no Concello:
Secundino García Casal.
Así pois, á vista dos resultados gobernará con maioría absoluta o alcalde do Partido Popular, Constantino Bedoya, que non precisará pacto algún.
Seguintes eleccións en 1999