Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1987
Elección anterior (1983)
As terceiras eleccións municipais celebradas o 10 de xuño de 1987 contaron cunha participación do 68% do electorado. O PSOE de Manuel José Lamas mantén o seu apoio electoral sendo a listaxe mais votada cun 37% dos votos (839) que lle outorgan catro concelleiros, (perdendo un edil respecto as eleccións de 1983).
Os catro concelleiros socialistas foron:
Manuel José Lamas Soto
Andrés Muíño Rañal (Bardaos)
José Antonio Grandal Carballo (Naraío)
Maria Dora González Canosa
O segundo partido mais votado foi ALIANZA POPULAR con Constantino Bedoya, quen duplicou o número de votos (738) ata o 32,48% e acada catro concelleiros:
Constantino Bedoya Vázquez
José Antonio Calvo Cibreiro (Santa Mariña)
José Manuel Aneiros Rodríguez
José Fernández Fernández, será substituído por Hipólito Yáñez Cascudo en febreiro de 1990
O terceiro partido foi a candidatura "INDEPENDIENTE de San Sadurniño" con Fernando Barro Sabín cun 26 % dos votos (593) e tres concelleiros:
Fernando Barro Sabín
Secundino Javier López Barcia. Renuncia
José Sande Beceiro- José Serafín Gudín Sabín (Bardaos)
Por último os nacionalistas de "ESQUERDA GALEGA" con Xoan Emilio Fresco Calvo, profesor de EXB e Presidente da AAVV Igrexafeita acada o 4% dos votos (91), e non teñen representación na corporación municipal.
Así pois, o resultado quedou moi empatado porque ningún partido ten capacidade para gobernar en solitario. A chave na elección de alcalde son os "Independientes" de Fernando Barro. Todo o mundo daba por feito un pacto ou coalición con Alianza Popular "por mor da súa proximidade ideolóxica", polo que estaba "cantado" que o alcalde sería Constantino Bedoya.
O día 30 de xuño constitúese oficialmente o novo Concello. Mais o alcalde será de novo o socialista Manuel José Lamas Soto co único apoio dos seus catro concelleiros e por ser a lista máis votada. Non foi posible o acordo entre Fernando Barro e Constantino Bedoya
Os proxectos estratéxicos do alcalde para a lexislatura serán a consecución dun Centro de Ensino Medio, o Centro de Saúde e dotar de instalacións deportivas a todas as parroquias.
Sen embargo, o segundo mandato do rexedor socialista será un tanto accidentado e non chegará a rematalo. Precisará un pacto cos "Independentes", mais non sempre será doada a acción do goberno. A pesares do éxito da instalación de Intasa, o problema da contaminación de "El cisne", o fiasco de Papelga e os desacordos crecentes con Fernando Barro conducirán a un divorcio anunciado coa moción de censura que lle dará a Constantino Bedoya e Alianza Popular o bastón da alcaldía o 21 de abril de 1990.
Seguintes eleccións en 1991