Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións de 1933

Campo da feira, San Sadurniño, 1933

As eleccións xerais do 19 de novembro de 1933 foron moi reñidas; por vez primeira votaban as mulleres. Os partidos de dereita presentáronse agrupados na CEDA e os partidos republicanos e de esquerda divididos en moitas opcións.
Durante os primeiros quince días de novembro o concello de San Sadurniño inundouse cos programas electorais dos diferentes partidos. Case todos achegáronse ata o Campo da feira para celebrar mitins ou actos de propaganda electoral.
Os socialistas, a través da sede local da Asociación Agraria Socialista celebran o seu mitin o domingo día 5 de novembro as tres da tarde. Interveñen Alfonso Quintana, Ramón Souto e Antonio Folgueiras Vieitez do PSOE de Ferrol. A solicitude ven asinada polo secretario dos socialistas locais José Calvo Meizoso.
O "Partido Galeguista" celebrará o seu mitin o venres 10 de novembro, coa presenza de Ramón Suarez Picallo, Carballo Calero. Horacio Fernández e outros candidatos do Partido galeguista. O presidente do comité comarcal é Nicolás García Pereira
Tamén a “Dereita Regional gallega” da CEDA fai o seu mitin o seguinte domingo, o día 12 ás 10 da mañá no Campo da feira. Os oradores serán Blanca dos Santos, viúva de Pita, Pastor Regueira Cifré, José Lage Martínez, Manuel Souto Porto, Fernando Pérez Barreiro e Josefina Fontán. A solicitude ven asinada polo propio líder do partido ferrolán Fernando Pérez Barreiro.
Por último o "Partido Comunista" fai a súa presentación o mércores día 15 as oito e media da tarde no salón de baile de Angel Aneiros en Silvalonga. A petición ven asinada por Victoriano Sueiras.
Na campaña tamén celebraron outros mitins en San Sadurniño o "Partido agrario Radical Gallego" do eumés Amador Rodríguez Guerra e o partido da meirande parte dos membros do goberno municipal, o "Partido Republicano Gallego" de Leandro Pita Romero.
O resultado das eleccións supuxeron un trunfo para os partidos de centro-dereita e a formación dun novo goberno da República presidido por Alejandro Lerroux.

  • Eleccións de 1933

  • Solicitude de mitin do PSOE

  • Solicitude para o mitin de "Derecha regional gallega" 1

  • Solicitude para o mitin de "Derecha regional gallega 2"

  • Solicitude para o mitin do Partido Comunista

  • Mitin do partido Galeguista (10-11-1933)

  • Cartel electoral dos socialistas, novembro 1933

  • Trunfo electoral dos dereitas nas eleccións de 1933

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), visitantes

Compartir en: