Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2014
No mes de febreiro de 2014 celebrouse na Casa de Cultura de San Sadurniño un obradoiro de "Tempos para Compartir", sobre "elaboración de cestos de vimbio", no que Vicente Ferreira Delgado compartiu coas persoas asistentes o seu saber sobre este oficio tradicional.
Vicente "cesteiro de vimbio" naceu no ano 1940 no Concello de Valdoviño, e leva máis de 40 anos "cesteando".
Temas: oficios, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), traballos, vídeos
Autor/a: Tempos para compartir