Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
Marques de Figueroa, San Sadurniño, 2015
Chanfaina'Lab (9) Estrea venres, 20 de marzo do 2015
Título: E logo?
Director: Mario Iglesias
Actores: Julia Gudín, Carlos Cobelo, Marcial Gudín
Duración: 7' 13"
Sinopse: "Xulia vai a inspeccionar o vello e abandonado cine do pobo para organizar o visionado colectivo dunha final de fútbol, mais sen sabelo vai ao encontro dunha vella pendencia sen resolver."
Gravado no interior de Dzine e no exterior do antiguo bar "Tolos" en dúas tardes: o 6 de setembro de 2014 e o 11 de xaneiro de 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab
O pontevedrés Mario Iglesias é un artista plástico, escritor, autor teatral e director de dilatada traxectoria con mais dunha ducia de curtas e seis longametraxes: "De bares", "Catalina", "Cartas italianas", "El almuerzo del poeta", "Relatos" e "Rosario". Para a Chanfaina'lab realizou unha peza inscrita no que denomina "cine esbozado", un tipo de cine improvisado, sen guión, construído sobre pequenos trazos de estrutura que precisa da complicidade dos actores. En "E logo.." escolleu aos protagonistas entre algúns personaxes populares de Bardaos: Julia Gudín e o incombustible Carlos Cobelo. Para Mario foi un descubrimento "coñecer o talento actoral que agochan ambos porque teñen un don natural para a interpretación". Os protagonistas actúan sobre un dos "sentimentos que moven ao mundo: o odio e a intolerancia"; nomeadamente o odio "sen causas coñecidas", que segundo Mario Iglesias é habitual en Galicia e ao que considera un tema a explorar en moitos dos seus filmes. Nesta historia, o Alzheimer fará taboa rasa da memoria e as razóns da vella pendencia entre veciños evapóranse. Ao fin agromarán como seres inocentes, para os que o pasado xa non importa. O espazo principal do relato é o antigo cinema Avenida- hoxe Dzine- "un luxo de localización pola súa atmosfera case máxica". O director invítanos a mirármonos nun espello no que todos poderíamos recoñecernos algunha vez na vida. En definitiva, "É logo.." é unha lúcida chamada humanista á tolerancia entre todos os seres humanos.
2015-03-20 13:37:41
De todos os que vin, o mellor. Grandes artistas e grande realizacion.
Temas: Bardaos, Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, xente
Autor/a: Mario Iglesias González
Vídeos:
Ensayo (2007)
Intensidad (2003)
Video homenaxe a Mario Iglesias (2007)