Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

"Donativos" para a Guerra

San Sadurniño, 1936

En Galicia trunfou deseguida o golpe militar e polo tanto a poboación civil galega non sufriu as consecuencias directas da Guerra Civil como noutros territorios preto da fronte. Mais dende os primeiros momentos, o exército sublevado organizou un sistema de requisas obrigatorias casa por casa ou donativos "voluntarios" para contribuir ao esforzo bélico da "Gloriosa Cruzada". Normalmente as "doazóns" xestionábanse dende o concello presidido por Pelayo Casal ou polo párroco Daniel Porto. As listaxes de donantes aparecían diariamente nos xornais para xustificar a lealdade ao novo réxime. En imaxes adxuntas podes ver algunhas das recadacións nas sete parroquias de San Sadurniño
Na ilustración, recadación en outubro de 1936

  • "Donativos" para a Guerra

  • Donativos en novembro de 1936

  • Requisas de Lá

  • Recadación setembro 1936

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, guerra, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: