Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Destino, perderse. A lei do constante intento"

Castelo de Naraío, ríos Castro e Aceiteiro, 2025

9ª Chanfainalab (3). Estrea: venres 14 de marzo do 2025
Duración: 6' 09''
Guión e dirección: Irene Ávila Carreira
Música: Gravacións ambientais, foley (autoría propia) e Freesound.
Sinopse: "Curtametraxe creada a partir do Castelo de Naraío e o feito de que este foi construído e reconstruído varias veces na mesma ubicación. A través desta idea, reflexiónase sobre o bucle dentro da creación artística, mesmo aplicado a calquera outro proceso: dende a creación da propia peza, aprender a atar os cordóns dos zapatos e o mesmo camiñar. Sempre dando un paso detrás de outro. (Este último ten unha gran presenza tanto no proceso como no resultado final, aínda que ambos os dous sexan o mesmo)."
Gravado no Castelo de Naraío , ruta do río Castro, ruta do Aceiteiro e camiño do Enxerto, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Irene Ávila Carreira (Ferrol, 2002) acaba de graduarse en Belas Artes (Pontevedra) e defínese a si mesma como unha persoa incapaz de quedarse quieta e cunha insaciable sede de coñecemento, xa que, da eterna dúbida xurde a súa inspiración. Interésanlle conceptos como a comunicación (persoas e linguaxe), a natureza (non unicamente verde), o cotián e a importancia das relacións humanas. Calquera actividade artística, como a instalación, o debuxo, a fotografía ou o vídeo son para ela un reto e motivo de experimentación; por iso mesmo pensa que a Chanfainalab, pode ser a oportunidade perfecta para afondar nas linguaxes audiovisuais. Anteriormente realizou un obradoiro de collage co colectivo nacional Iñicas (Galicia, Murcia e Valencia) en Reclamo Studio, (Pontevedra) e tamén deseñou o merchandising do grupo Virginia Red. O seu proxecto máis recente foi "Tecer/Conversar" co que participou na exposición "Do Final e Do Comezo", onde traballou no campo da escultura e a instalación. Tamen coordenou o obradoiro “Garrapateri@s” dentro do propio programa da exposición.

A cociña da peza comezou cunha Irene recén graduada en Belas Artes e lanzada ao mundo sen manual de instrucións e sen planes específicos de futuro para ese novo ano/curso que se aveciñaba. Así pois, podémola imaxinar na procura de inspiración, percorrendo os camiños de San Sadurniño cos ollos e ouvidos ben abertos. O único que tiña claro é que estaba perdida: "A materialización da idea comezou cunha recompilación masiva de imaxes a través dos camiños percorridos a pe por ríos e fragas do territorio. Naquelas andainas tentei absorber os matices do lugar, descubrir datos interesantes sobre a contorna, deixar que se cociñaran ben aquelas ideas na mente e reflexionar sobre a propia situación de incerteza e a necesidade de pasar por esa etapa, vivila, sentila, analiza e repetila todas as veces que fora preciso. Posteriormente traballei sobre elas incesantemente para representar aquel momento, e cheguei a realizar máis de tres curtas e outros tantos borradores. Finalmente, e como conclusión, engadín animacións de garabatos. Estas representan por excelencia o punto de constante intento dentro do buscar e experimentar (e por suposto, do atoparse perdida no caos). Ao igual que os tan falados e referenciados “camiños da vida”, xurdiron tal cantidade de ideas e posibilidades, que o final acabou sendo o mesmo que o inicio, fusionándose por enteiro o concepto de resultado e proceso. Foi necesario perderse de cando en vez, acompañados sempre da incerteza, xa que non sempre é preciso chegar ao final. O importante é simplemente intentalo. De esta maneira, cada vez que se repita o bucle mellorará un pouco máis ata chegar a un punto onde simplemente faise. As persoas interesadas poden entendelo mellor neste relato sobre o proceso de construción da peza.

"Destino, perderse. A lei do constante intento" é unha curta singular que nace da procura individual e a experimentación persoal confrontada cunha paisaxe que a novísima cineasta descoñecía previamente. As animacións desdebuxan os rexistros visuais, creando novas formas e xeitos de ollar a realidade. Segundo a propia autora: "a peza está en constante movemento e cambio, mesturando imaxes gravadas naqueles días en San Sadurniño xunto á “tolería” posterior de posproducción, tendo como principal soporte a experimentación con diferentes estilos e mesturando as ideas de o perderse como destino, a lei do constante intento e as súas famosas libretiñas, as cales, constantemente serven de inspiración e base ao tempo que definen, marcan e axudan no proceso artístico como apoio para definir as ideas, pensamentos e lembranzas". Así pois non queda outra que camiñar por sendeiros e corredoiras a par coa novísima cineasta ferrolá para descubrírmonos e gozar coa natureza e as paisaxes do noso territorio dende o seu persoal punto de vista.
Fotografías César Galdo.

  • "Destino, perderse. A lei do constante intento"

  • Irene en Naraío

  • Irene na excursión ao Castelo de Naraío

  • Irene Ávila na foto oficial da 9º chanfainalab

  • Irene Ávila na "Eira de cineastas"

  • Irene Ávila entre o público da "Eira de cineastas"

  • Irene Ávila antes de perderse

  • Irene Ávila na procura do constante intento

  • Irene Ávila, cineasta

  • Irene Ávila recollendo a Lola chanfaineira

  • Irene Ávila entre os participantes da 9ª chanfainalab

  • Irene Ávila entre o público da gala da 9º chanfainalab

  • Irene Ávila na 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Galiza

2025-04-26 14:00:43

Moi bo o manexo dos ritmos narrativos e os efectos gráficos orixinais, envolventes e efectivos. Parabéns!

Máis imaxes

Temas: videocartografías, roteiros, pintura, vídeos, visitantes, castelo de Naraio, naturezas, ríos, Naraío, Chanfaina'Lab

Autor/a: Irene Avila

Compartir en: