San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
Moeche, 1959
En 1955, nunha explotación mineira de piritas no concello de Moeche, produciuse a rotura dunha balsa de decantación na confluencia do Rego da Pradavella e o Rego das Ferrarías. Un accidente moi similar ao que aconteceu en Aznalcóllar en 1998. A censura da ditadura franquista agochou aquel grave accidente, mais a canle do río Xuvia ficou contaminada quimicamente durante varios anos. Quizais fose a razón dos numerosos lavadoiros construídos en San Sadurniño a finais da década de 1950, nos tempos do alcalde Francisco Dorado.
O río Xuvia tardará en recuperarse desta gravísima ferida e sufrirá outro accidente no 1986, mais polo de agora, a natureza aínda ten a pacencia de recompoñer as salvaxadas do ser humano sobre o patrimonio natural. O arqueólogo Eloi Saavedra, actual Presidente da Sociedade de caza e pesca do Xuvia, lémbranos o acontecido naqueles días:
Na fotografía, restos do lavadoiro e moenda da explotación á beira da estrada.
2015-01-27 02:07:32
Penso que foi algo máis tarde do ano 1955 ainda que non o podo contrastar, pero si o recordo con moita craridade i eu nacín en septembre do 1952. O que si poido correxir e a localizacion. Tanto a rotura das balsas, coma o lavadoiro de mineral e mesmo as fotografias foron en Moeche. O muro de formigón con pintada incluida tratase de un muro de contencion que se fixo anos máis tarde para unha nova empresa, esta de cortado de pedra.
Temas: conflitos, mineiría, naturezas, outros lugares, ríos, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Eloi Saavedra