Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

"Decides que o matrimonio..."

Ferreira, 2019

6ª Chanfaina Lab (11). Estrea: mércores 25 de marzo do 2020.
Guión e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón
Reparto: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón e Abel Vega
Cámara: Roberto Bouza
Edición: Carmen Suárez.
Poemas: "Xan" e "Decides que o matrimonio" de Rosalía de Castro, recitados por Carmen Couce e Carmen Bouza
Sinopse:"Catro amigas, fartas da desigualdade e inxustiza e que viven nese pozo no que se converteu “o matrimonio”, deciden dar un “golpe” enriba da mesa, empoderarse e buscar un xeito de ser autónomas economicamente. O tempo no que se sitúa a historia é “moi pasado”, sen embargo a historia resulta, tristemente, “moi presente"
Duración: 5' 33''
Gravada en Ferreira durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Carmen Bouza (Lamas 1948), Carmen Couce (Lamas 1949), Consuelo Picos (Igrexafeita,1945), Cruz Piñón (Ferreira 1953) e Lucita Pita (Naraío, 1937), veteranas colaboradoras de "Fálame de San Sadurniño", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres nos traballos do campo. Na súa canle de Youtube- arredor de 70 vídeos publicados- dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático con máis de 600.000 visualizacións e 2.300 subscritores, e xa recibiu unha morea de premios e recoñecementos como o "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi. de Madrid, entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede. As cinco mulleres -xa como cineastas- sorprenderon nas anteriores Chanfainalabs coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita", "Boniatos no país do sol poniente" e "Electra"

As mulleres de "Teño unha horta" son absolutamente imprescindíbeis para a Chanfainalab: axudan aos cineastas no que faga falta, dende a localización e produción ata o reparto e interpretación. De feito podémolas ver noutras pezas desta 6º edición como "A casa soñada", "Curmáns", "As Aventuras de Marcelino e Clemente", "Qué pasou?" e "Monte Xurásico". Tamén asistiron aos cursos de montaxe (Sandra Sánchez) e fotografía 3D (Anxo Santomil). E a curta que realizaron este ano segue a estar relacionada coa memoria vivida, mais nesta ocasión cun formato de ficción: " A nosa idea xurdiu para ensinar cómo viviamos antes as mulleres, como escravas dos homes; as mulleres tiñan ao seu cargo os sogros, os pais e os fillos e -a pesares do cargo- podían con todo. Custounos gravar esta curta, sempre nos chovía, empezou Maruxa co guión e despois cada una foi dando a súa opinión e ademais improvisamos mentres íamos gravando. Estabamos dacordo en reflectir cómo vemos nós a vida da muller: o traballo da casa, a sega, encargarse das faenas no campo, ao chegar a casa ten facer o xantar e darlle de comer os fillos. E cando os homes botaban a sesta, as mulleres dábanlle de comer as vacas. Pero non era como hoxe, moitos homes tiraban os cartos e as veces, a muller ía trampeando para ter un peso."

"Decides que o matrimonio..." tira da retranca e dos versos de Rosalía para contar cómo era antigamente a convivencia en matrimonio que, como dixo Maruxa da Laxe, “por sorte agora xa non é para toda a vida”. Estamos diante dun exemplo perfecto de cinema popular feito integramente por mulleres labregas, un “cine de memoria social” como procuraban moitos textos dramáticos e monólogos do teatro popular galego do primeiro terzo do século XX. As veteranas cineastas -sen complexo algún- amosan talento, autenticidade e agarimo co único obxectivo de reclamar igualdade entre homes e mulleres: " Antes moitas non sabían ler e escribir e os homes facían delas o que querían .. Afortunadamente as cousas foron mellorando , o maltrato de agora pouco se semella o de fai anos; a muller comezou a estudar, a ter o seu soldo e a súa carreira, e... aínda seguimos pelexando. Con esta curta queremos refrescar a memoria de algúns espectadores porque, aínda que algo se mellorou, non é tanto como se debería. Tamén queremos que os nosos fillos vexan cómo era a vida antes, cústalle crer que a vida fora tan mala antes, mais temos que seguir loitando pola igualdade". Para a organización da Chanfainalab non nos cabe máis que reiterar de novo que a participación destas grandes mulleres enche de sentido á nosa actividade. Sentímonos profundamente orgullos@s e premiad@s pola súa xenerosidade e animámolas para que sigan a sorprendernos como o fan sempre.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Decides que o matrimonio..."

  • As catro directoras/actrices de "Decides que o matrimonio..."

  • Na sesión de arranque da 6ª Chanfainalab

  • Cruz e Abel na prantación do castiñeiro

  • No curso de montaxe con Sandra Sánchez

  • Maruxa e Anxo Santomil

  • Cruz Piñón na "Eira de cineastas"

  • As youtubeiras na foto oficial da 6º Chanfainalab

  • Imaxe de "Decides que o matrimonio.."

  • A parella estelar: Carmiña e Abel

  • Participan no reparto de "Curmáns"

  • Equipo de rodaxe de "Curmáns"

  • Maruxa, actriz de "A casa soñada"

  • Carmiña, gran actriz de "As aventuras de Marcelino e Clemente"

  • Vindo da feira en "Decides que o matrimonio..."

  • As catro directoras con Miguel de Lira

  • Cruz e María Yáñez

  • Consuelo, Abel, Cruz e Mariluz

  • Miguel de Lira e Lucita

  • Coa escaleta da Gala da 6º Chanfainalab

  • Minutos antes da Gala da Chanfainalab

  • Tod@s @s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Maruja presentando "Decides que o matrimonio..."

  • Cruz presentando "Decides que o matrimonio..."

  • Carmiña presentando "Decides que o matrimonio..."

  • Estrea mundial de "Decides que o matrimonio..."

  • Imaxe de "Qué pasou?"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, creador@s, Horta de Consuelo, Horta de Cruz, labregos e labregas, muller, poesía, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: "Teño unha horta"

Vídeos:
Así facemos Teño unha horta en San Sadurniño
"Historia do cisne, o atún e a troita"
"Boniatos no país do sol poniente"
"Electra"

Compartir en: