7ª Chanfaina Lab (6). Estrea: venres 24 de marzo do 2023
Realización: Paula Vilariño e Andrea Fernández
Cámara: Paula Vilariño
Reparto: Sabela Cendán, Ariadna Escudero, Andrea Fernández, Emilio Vilariño.
Sinopse: “Xoana, unha moza solitaria, busca escapar do casamento que pretende concertar a súa irmá Luísa na noite de San Xoán. A súa amiga Adela evitará que leve a cabo estes plans e convéncea para festexar o día sen pensar no futuro. A fogueira será o punto decisivo.”
Duración: 5' 43"
Gravado principalmente na parroquia de San Sadurniño ( Igrexa de Santa Isabel e o Paseo do río Xuvia, entre outros), dentro do programa da 7ª Chanfainalab
Paula Vilariño (Neda, 2004) e Andrea Fernández (Valdoviño, 2004), realizaron a peza ao remate de 2º Bacharelato artístico no IES "Concepción Arenal" de Ferrol. Agora estudan o primeiro curso da especialidade de Historia da Arte na USC. Ambas tiveron sempre gusto e interese polo cinema dende unha idade temperá, facendo pequenos proxectos, que xunto con outras afeccións, como a música ou a escritura, conformaron a súa personalidade.
O proxecto nacera coma un proxecto alleo ao Chanfainalab, xa que xurdiu como unha obra de teatro, que oportunamente serviría de base para a curta. Esta peza teatral ambientábase na contorna de San Sadurniño e Moeche, aínda que se podía adaptar a calquera outra localización: "Antes de poñermos a traballar neste proxecto visitamos a zona buscando espazos axeitados para filmar esa primeira idea, pero ese día non foi posible a gravación. A parte máis complicada foi conseguir xente que interpretara os papeis, xa que as rapazas que ían facelos nun principio volvéronse atrás no último momento, e iso explica a improvisación dos diálogos por parte das nosas colaboradoras. Toda a curta foi filmada en poucas horas e dunha tirada xa que tiñamos pouco tempo debido a outras ocupacións; iso explica os fallos que poida presentar, aínda así queremos salientar que a fixemos con moito interese e entusiasmo.
Malia a rodaxe accidentada, "Deber" parécese bastante ao que tiñan no maxín estas novísimas cineastas de 18 anos: " Por mor das circunstancias que nos obrigaron a realizar varios cambios, non supuxeron unha alteración substancial da natureza do proxecto. Consideramos a peza como intimista; aínda que pode ser esaxerado tamén é un drama, pola situación e no tempo en que ocorre, que complica a narración. En relación á situación, buscamos que se empatice coa protagonista, que vive nunhas circunstancias inxustas e desesperadas, e que intentamos amosar como unha realidade opresiva, que a leva a adoptar decisións perigosas e mesmo irreversíbeis, segundo a interpretación de cada quen, debido ao final aberto que lle demos á historia". Así pois, disfrutemos mentres chegamos a ese final que invita á libre interpretación de espectadores-as.
Fotografías Cesar Galdo.
"Deber"
Andrea na recepción da 7ª Chanfainalab
Andrea Fernandez na eira de cineastas.
Paula Vilariño e Andrea na procura do encadre
Paula e Andrea na foto de familia da 7º Chanfainalab
As dúas Andreas da Chanfainalab: Fernández e Pena
Gravando "Deber"
Na procura de localizacións
Paula e Andrea en acción
Na estrea mundial da 7ª Chanfainalab
Paula e Andrea no esceario da Casa de Cultura
Paula e Andrea recollendo a súa Lola chanfaineira
Colección das Lolas Chanfaineiras
Paula e Andrea con Paco Lodeiro.
No xantar de despedida da 7ª Chanfainalab
Andrea Fernández e Paula Vilariño presentaron a curta "Deber"