Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Cruceiro de Raña

Raña, San Sadurniño, 1915

Ao carón do Camiño Real que conducía ao “Pazo de San Sadurniño”, situase este pouco coñecido cruceiro feito con pedra serpentina de Moeche. Foi encargado por un caseiro da Marquesa, chamado José Fraga Lago, que en 1862 pagaba 550 reais por ano polo aluguer dunha casa e finca na Raña. En 1887 era un perito recoñecido no Concello e sabemos que aínda vivía en San Sadurniño á altura de 1910, mais tivo que marcharse a Camba, na parroquia de Ferreira ao domicilio da familia da súa muller Dominga Novo Fernández, por non poder pagarlle as rendas á Marquesa. Era fillo de José e Catalina, e tiveron un fillo en 1871 Francisco Fraga Novo (1871-1937). A inscrición di: "A la devoción de José Fraga". Descoñecemos os motivos polos que mandou facer o cruceiro, posiblemente construído por Antonio Rodríguez Sixto. Calculamos que data da década de 1920. Se alguén ten algunha información complementaria, por favor póñase en contacto connosco ou deixe un comentario mais abaixo.

  • Cruceiro de Raña

  • Inscrición do cruceiro de Raña

load

Documentos:

Cruceiros e petos de ànimas en San Saduniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: patrimonios, cruceiros, San Sadurniño (parroquia)

Compartir en: