Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

"Coop"

San Sadurniño e Naraío, 2025

9ª Chanfaina Lab (9). Estrea: venres 4 de abril do 2025
Duración: 6' 02"
Dirección, guión e montaxe: Isabel Rey
Reparto: José Ladra López, Javier Carballo, Andrés García Hermida, Suso Pena Fernández
Sinopse: "Nunha época na que as grandes multinacionais e os grandes bancos dominan o mundo, existe un pequeno territorio en Galicia que se resiste a este sistema."
Gravado nas parroquias de San Sadurniño e Naraío dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Isabel Rey (Santiago, 1973) é pintora e restauradora. Dende o 2007 é, ademais, a produtora e alma mater de "Artefacto producións" xunto con Fernando Cortizo, empresa na que leva pilotado numerosos proxectos ate hoxe, nomeadamente no ámbito da animación, publicidade e documental. Con “O Apóstolo” conseguiu producir a primeira longametraxe de animación stop-motion estereoscópica rodada en Europa, sendo nomeada aos Goya, a preselección aos Óscar e xa na casa, seis premios Mestre Mateo, incluídos mellor director e mellor película. Tamén é unha persoa activista e comprometida co cinema como medio de transformación social, como acredita a longametraxe documental sobre a sanidade pública "DEP Destruír é o Plan". A súa última produción foi a longametraxe “Buscando á Santa Compaña”, estreada en xullo de 2024 no Festival Internacional de cine fantástico de Valladolid e seleccionada en varias mostras e festivais. Actualmente atópase producindo a que será a súa segunda película de animación “Shkid” de produción mexicana e o documental "Vedem", arredor da historia dos nenos no campo de concentración de Terezin (en fase de montaxe).

Os ollos avezados e socialmente comprometidos de Isabel percibiron deseguida a nula presencia de grandes marcas, tendas de alimentación ou entidades bancarias tradicionais en San Sadurniño : "Desde que cheguei á San Sadurniño asombroume ver que no camiño non había supermercados das grandes marcas e fascinoume a Historia das cooperativas da zona, como exemplo de banca solidaria e sostible en contraposición coa depredación do grandes entidades bancarias que dominan o planeta. Penso que son un gran exemplo a seguir e sentín dispor de pouco tempo para desenvolvelo. De feito teño en proxecto realizar unha longametraxe documental que faga xustiza á súa historia e ao estupendo traballo que están a facer".

"Coop" é un magnífico exemplo do poder de axitación e comunicación do cinema ao servizo da difusión de ideas a prol dunha sociedade máis igualitaria e sostible: "considero esta peza como un aperitivo sobre este tema porque penso convertela nunha longametraxe. Coido que a nivel técnico o meu traballo é mellorable, pero agardo que o contido e a mensaxe sexan suficientemente potentes para que a xente a goce e lle mereza a pena vela para coñercer mellor o funcionamento das cooperativas". Dende a Chanfainalab apreciamos o punto de vista que nos aporta esta artista compostelá por iluminar o quefacer da Cooperativa de Naraío e o supermercado de San Sadurniño -hoxe parte da cooperativa de Meirás- como unha singular experiencia que tenta poñer en valor os recursos do territorio, o seu labor social e a axuda mutua á veciñanza de consumidores e usuarios da súa banca, en definitiva como afirma o slogan do seu cartel: "Un mundo paralelo"
Fotografías de César Galdo.

  • "Coop"

  • Isabel Rey no castelo de Naraío

  • Isabel Rey na foto oficial da 9ª chanfainalab

  • Isabel e Fernando na Eira de Cineastas

  • Isabel Rey no público da Eira de cineastas

  • Isabel Rey na gravación de A gatiñeira

  • Isabel Rey preparando "A gatiñeira"

  • Isabel Rey gravando "Coop"

  • Isabel gravando "Coop" na cooperativa de Naraío

  • Isabel e Fernando en acción

  • Isabel na procura de figurantes en "A gatiñeira"

  • Isabel Rey recollendo a Lola Chanfaineira

  • Isabel e Fernando no público da Gala da 9ª Chanfainalab

  • Isabel Rey na Gala da estrea da 9ª Chanfainalab

  • Isabel e @s cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Cartaz de "Coop"

  • Isabel Rey, cineasta da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: empresas de servizos, labregos e labregas, Naraío, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Isabel Rey

Compartir en: