Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

Cóntame a túa historia

Naraio, 2026

10ª Chanfaina Lab (6). Estrea: 10 de abril do 2026
Director: Carlos Amil.
Duración: 5'
Sinopse: A avoa perde a memoria, e a filla e a neta tentan axudala a recuperala.
Equipo artístico: Rosa Carballo Filgueiras, Carmen Blanco Sanjurjo e Irene Ávila Carreira
Equipo técnico: Guión, fotografía, montaxe, son: Carlos Amil
Produción: Ángela Arnosa, Brais Varela e Brianda García.
Gravado na parroquia de Naraío dentro do programa da 10ª Chanfainalab



CARLOS AMIL (A Coruña, 1959) comezou a súa carreira no equipo de cine Imaxe, a finais da década de 1970. Dirixiu a curtametraxe “Reflexos” (1982). É un dos fundadores da produtora Trama, canteira fundamental do audiovisual galego pola que pasaron entre outros Xavier Villaverde, Miguel Castelo, Pancho Casal, Mateo Meléndrez, Guillermo Represa, Xesús Vecino, Jorge Algora ou Suso Montero. Desta época cómpre salientar a súa colaboración como cámara nos títulos senlleiros da videocreación galega dos 80 como “Veneno Puro” e “Viuda Gómez” de Villaverde, ou “Salvamento e socorrismo” de Antón Reixa. Contratado por VideoVoz TV, foi un dos primeiros profesionais en traballar para a TVG en tarefas de director, realizador e montador en programas de longo percorrido como “O monacato en Galicia”, ou “Lendas”. Tamén compartiu tarefas de guionista nalgúns deses programas. Durante moitos anos desenvolveu un importante traballo pedagóxico como mestre de montaxe e de realización de cinema e televisión na Escola de Imaxe e Son da Coruña, formando equipo con nomes fundamentais do audiovisual galego como Manolo González, Daniel Domínguez, Ignacio Pardo, Pepe Coira ou Carlos Oro. Dirixiu a longametraxe de ficción “Blanca Madison” no ano 2000. E no 2008 rodou o filme “A casa da luz”, adaptación da novela do mesmo título de Xabier P. Docampo, da que é guionista e director.

A idea parte dunha vivencia persoal, da que só tiña o punto de partida. O guión fíxose acanda a rodaxe. O meirande problema foi atopar ás actrices, que apareceron o mesmo día de rodaxe despois de darse de baixa as primeiras opcións (declinaron o mesmo día de rodaxe por outras ocupacións). Tamén apareceu o mesmo día o espazo de rodaxe, moi limitado na cociña por pequena, o que obrigou a unha posta en escena primando planos curtos e pechados. Curiosamente todas estas limitacións que abeiraban o fracaso, remataron trocando en benzóns que creo que axudaron ao resultado final, do que fiquei contento.

Cóntame a túa historia

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Chanfaina'Lab, familias, muller, música, Naraío

Autor/a: Carlos Amil

Compartir en: