Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

"Complexa operación"

San Sadurniño, 1986

No 1986 Ramón Díaz Raña, o párroco daquela en San Sadurniño, decidiu afrontar unha "complexa operación". Tratábase de trasladar e restaurar o hórreo do Igrexario do Mosteiro do Rosario ata o adro. Neste delicioso e divertido texto que nos envía dende Cáceres, Don Ramón volve a sorprendernos coa súa prodixiosa memoria nun relato ateigado de orixinalidade, retranca e sabedoría que lle da un aquel de "conto clásico". A historia comeza así:

“Dóete de min”. “Dóete de min”. Que pesadelo! Cando ía á horta buscar un repolo, miraba para el e no meu corazón sentía ese lamento. Se ao día seguinte acompañaba a algún morto ao cemiterio e me cadraba erguer a cabeza e ollar para el, volvía ouvir a mesma queixa: “dóete de min”, “dóete de min”. De noite, sen espertarme, ás veces soñaba con el. O verme roíame. Tamén José de Gómez (Cornide), cando nos veu arar coas súas vacas a terra para as patacas, parou diante del, e ao velo tan esmirrado xuntou as mans como rezando e musitou: “pobriño … quen te viu e quen te ve!”. A Marela, ao escoitalo, deulle cos cornos nos cadrís e José tirou para adiante decatándose que tamén o podían dicir del. Pasara toda a vida aforrando, e –segundo murmuraban os veciños- non casara por non desgastar os trebellos que Deus lle regalara. Pero … que boas persoas José, María e Paco!

O verme seguía roéndome; forzábame a buscar remedio a tanta pobreza. Unha mañá collín a chave, entrei, non vin nada; esperando, sentei na porta. Daquela contoume: “Fun sinal de riqueza e poder. Agora aquí me tes só e abandonado. Nin os ratos me visitan. Vén case todos os días un condenado gorrión, deixa a cagada encima da calva e ponse a cantar burlándose da miña vellez. Sácame de aquí, por favor. Quero vivir”. . Cavilaba eu que triste ten que ser verse pobre, desvalido, desprezado … habendo gustado de riqueza e de fachenda . Erguinme, entrei de novo; de xeonllos e sen que ninguén me vira asenteille coa man no peito: “Xúroche que ti has dar que falar … que cho digo eu. Aínda non se acabaron os Quixotes”.. El deixouse querer; pero o xuramento – como todos os xuramentos de namoros- custoume noites sen durmir. Escribín a xente importante pedindo remedio e auxilio para este pobre esfarrapado e entón..."
Seguir lendo a historia

Na fotografía, o hórreo antes do traslado a súa ubicación actual (1986)

  • "Complexa operación"

  • Horreo do Convento en 1986

  • Hórreo en setembro do 2015 (Foto Tizón)

  • Adro do mosteiro con cruceiro e hórreo

load

Documentos:

"Complexa operación" por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: