TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Igrexafeita, 2015
Consuleo Picos, na súa horta de Igrexafeita, móstranos cómo facer semilleiros cos vasos de yogur para sementar xudías. Neste vídeo conta coa axuda da súa filla Ana e a especial colaboración das netas Elvia e Birtukan.
Temas: Horta de Consuelo, Igrexafeita, labregos e labregas, muller, traballos, xente, vídeos
Autor/a: Consuelo Picos Picos