TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Naraío, 2016
Aprende con Lucita cómo plantar col roxa na horta.
2017-03-27 13:52:41
Estou interesado na col roxa, pero non sei donde se pode conseguir. Si me puideran informar. Un saludo
2017-04-07 09:35:00
Podes conseguila na Agrotenda Pena Fontao de San Sadurniño. https://www.facebook.com/agropenafontao/ Telf: 981 49 10 22
2017-04-24 13:27:14
Hola, son o mismo do correo anterior e non din conseguido información da COL ROXA na Agrotenda Pena Fontao de S. Sadurniño nin na Horticultura SEMENTEIRA de Betanzos, non sabían do que lles falaba. Si hay forma de contactar con LUCITA creo que seria a maneira de obter a información. Un saludo
2017-04-24 14:28:52
Ola Vicente, espero poderche conseguir unhas coles de Lucita para que as plantes. Un saúdo,
Temas: Horta de Lucita, labregos e labregas, muller, Naraío, tecnoloxía, traballos, vídeos, xente
Autor/a: Lucía Pita Casal