TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Lamas, 2016
Carmen Couce, coa axuda de Maruxa e Pepe, móstranos cómo cultivar as patacas da forma tradicional, tal e como lle ensinou a súa nai. Neste vídeo vemos todo o proceso, desde o momento de sementar ata a recolleita.
Temas: Horta de Carmiña, labregos e labregas, Lamas, muller, traballos, vídeos, xente
Autor/a: Carmen Couce Picos