TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Lamas, San Sadurniño, 2016
Aprende a cultivar cacahuetes con Maruxa. E tamén os trucos para que os páxaros, as toupas e as babosas non desfagan a plantación. Un novo experimento nas hortas de San Sadurniño.
Podes ver a segunda parte deste experimento: Cómo cultivar cacahuetes 2: recoller e tostar
Temas: Horta de Maruxa, Internet, labregos e labregas, Lamas, muller, traballos, vídeos, xente
Autor/a: Carmen Bouza Muiño