En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
O Casal, San Sadurniño, 2010
MTB Biela e Chaveta é un clube de ciclismo creado no ano 2010 na parroquia de San Sadurniño, enfocado ao tema do MTB (mountain bike) para fomentar este deporte entre os seus veciñ@s e os das parroquias dos arredores. Organizan numerosas actividades e dende 2014, a "Ruta BTT Concello de San Sadurniño".
Un antecedente deste clube poderían ser as saídas en bici a comezos de 1980 organizadas polo párroco Ramón Díaz Raña e nomeadamente as exitosas sete edicións da "Volta ciclista a San Sadurniño" que se celebraron de 1987 ata 1994..
Sergio Collado fálanos da súa posta en marcha e das iniciativas que desenvolven.
Facebook de MTB Biela e Chaveta
Promo da 1 ruta BTT de San Sadurniño
Temas: asociacións actuais, deporte, San Sadurniño (Concello), vídeos
Autor/a: Sergio Collado
Vídeos:
Ruta MTB San Sadurniño 9-11-2014
Promo 1 ruta BTT San Sadurniño