En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
San Sadurniño, 2009
A Asociación Brío, sen ánimo de lucro, formouse en San Sadurniño no ano 2009, aínda que a súa andaina comezou no 2008 cun grupo de oito nenas de baile moderno. A partir de aí fóronse engadíndose máis e, en menos de dous meses chegouse a 22.
Logo comezou a traballar tamén coa ximnasia rítmica e o número de rapazas foise incrementando ata rozar o medio cento. Na actualidade teñen 36, só dous nenos, que van desde os 3 ata os 22 anos, distribuídos en tres grupos de baile moderno (peques, medianas e maiores) e dous conxuntos e varios individuais en ximnasia rítmica.
No Club Brío hai rapazas de San Sadurniño, pero tamén de concellos veciños como Narón, Neda, Moeche, As Pontes ou Valdoviño.
Ao longo do ano participan en numerosas exhibicións e colaboran con entidades sociais (como centros de maiores), benéficas ("Por unha sonrisa" ou "Asociación Cometa"), así como outras escolas e clubs deportivos da comarca.
En ximnasia rítmica levan acadado numerosos premios e recoñecementos na modalidade individual e tamén en conxuntos nas competicións organizadas en Galicia ou Asturias. En 2012 o grupo infantil de pelota conseguía o primeiro posto no campionato provincial e o cuarto no galego e no ano 2014 o equipo benxamín de mans libres conquistou o primeiro posto na proba de ámbito provincial.
Fálannos da asociación:
Oliva Bouza Bellón (presidenta), Cati Barro (profesora). Nenas: Estela Castrillón Freijeiro, Ana Rodríguez Martínez, Sara Bellón Sande, Nadia Gómez Caaveiro, Noelia Fernández Soto, Irene Carballo Piñón, Aroa Chao Picos, Aroa Rodríguez Rey, Antía Blanco Graña e Aldara Bellón Sande.
A cineasta Ana Domínguez realizou a curtametraxe "Brío" para a Chanfainalab no ano 2015
Temas: asociacións actuais, creador@s, deporte, lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello), vídeos
Autor/a: Oliva Bouza Bellón
Vídeos:
IX Torneo de Primavera Ciudad de Ferrol - Abril 2014
Club Brio en Coruña (Riazor)
"Brío"