Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

Chegada do tren á estación de San Sadurniño

Silvalonga, San Sadurniño, 1962

Despois de 76 anos de retraso dende a aprobación do proxecto inicial, impulsado polo VI Marqués de San Sadurniño, ao fin o tren de FEVE atravesa o val de San Sadurniño arredor das 13'00 horas do luns, 29 de xaneiro de 1962 procedente de Ponte Mera. O traxecto foi inaugurado polo Ministro de Obras Públicas Jorge Vigón e o bispo da diócese Jacinto Argaya Goicoechea.
A estación de Silvalonga apareceu ateigada pola veciñanza baixo do Víctor franquista e unha pancarta cun saúdo ao Ministro "agradeciendo la mejora". O alcalde daquela Francisco Dorado Victorio, será o primeiro veciño que suba a un tren na estación de San Sadurniño entre o entusiasmo xeralizado.
Mais o traxecto definitivo ata Gijón non se inaugurará ata dez anos mais tarde en 1972.
A cineasta Angeles Huerta utiliza esta localización na súa peza "Próxima estación, San Sadurniño" (3º Chanfainalab), Ana Domínguez en "Brío" (2º Chanfainalab) e Ana Pontón en "Nós mesmas" (4º Chanfainalab)

Descarga os documentos coa crónica da inauguración do tramo Ferrol-Ponte Mera. Na fotografía,inauguración do tren en San Sadurniño por cortesía de Víctor Manuel Rico, "Vitucho"

  • Chegada do tren á estación de San Sadurniño

  • Inauguración do tren en San Sadurniño. La Voz de Galicia 30/1/1962 (1)

  • Inauguración do tren en San Sadurniño. La Voz de Galicia 30/1/1962 (2)

load

Documentos:

Chegada do tren a San Sadurniño (El Pueblo Gallego)
Chegada do tren a San Sadurniño (ABC)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), tren, vídeos, San Sadurniño (parroquia), máquinas, tecnoloxía, visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
40 aniversario FF.CC Ferrol-Gijón (1972-2012). Ferrol-San Sadurniño
Cruce do Transcantábrico na estación de Sansa
Chegada do tren a San Sadurniño

Compartir en: