Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Chanfaina'lab. Epílogo"

San Sadurniño, 2015

Chanfaina'Lab (19) Estrea venres, 5 de xuño do 2015
Título: Exhibición curtametraxes Chanfaina'lab
Directora: Ary López
Duración: 7' 27''.
Sinopse: Balance visual da estrea dos filmes da Chanfaina'lab coa participación de público e creador@s .
Gravado en San Sadurniño o 17 de xaneiro do 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab.

A xornalista e comunicadora de San Sadurniño Ary López participou na Chanfaina'lab coa gravación dunha reportaxe realizada no mesmo día da estrea das pezas participantes. Nela preténdese facer un pequeno balance visual coas intervencións dalgúns dos seus protagonistas, así como o público asistente á estrea na Casa da Cultura de San Sadurniño.
Nos títulos de crédito finais figuran tod@s @s participantes e colaborador@s desta experiencia singular.
Así valoraron os/as creador@s a experiencia da Chanfaina'lab:


Os filmes producidos na Chanfaina'lab xa comezaron a súa andaina. Alguns deles proxectáronse no CGAI (Centro galego das artes da imaxe); Ateneo de Ferrol, Museo do pobo Galego (Santiago); Festival S8 (Coruña); Festival Primavera do Cine de Vigo ; Festival de Cinema d'Autor de Barcelona; Festival Lupadoc en San Sebastián ou no ciclo "Emerxencias" en Vigo.
O encontro de cineastas tivo unha especial relevancia en diversos medios estatais (El País, ABC), galegos (Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, Sermos Galicia, Galicia hoxe, El Correo Gallego, Noticieiro galego.com, Televisión de Galicia, Radiofusión, Radio Galega) e locais (Ferrol 360º, Galicia Ártabra Digital, Concello de San Sadurniño), así como nas plataformas do sector audiovisual galego: Academia Galega do Audiovisual, Arquivos CREA, CREA, Consello da Cultura Galega, Agapi ou o MPXA. Asemade varios blogs e redes sociais fixéronse eco do evento como Compostimes, Ollaparo, Infogauda, Llave en mano e un longo etcétera.

  • "Chanfaina'lab. Epílogo"

  • Programa de man da estrea da Iª Chanfaina lab

  • Autores e público na estrea da Chafaina'lab na Casa da Cultura de San Sadurniño (foto Galdo)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), creador@s, Chanfaina'Lab, cinema, visitantes, vídeos

Autor/a: Ary López

Compartir en: