Receitas e xantares singulares das terras de San Sadurniño: mesóns, bares e tabernas. Os pratos tradicionais do concello son a chanfaina, o bacallau, o o raxo, a carrilleira e o churrasco. E de postre o requeixo ou pastelón.
Leboriz, Bardaos, 2012
A "chanfaina" é unha das especialidades gastronómicas de San Sadurniño a quen a Cofradía do San Pipote lle adica unha festa no mes do Nadal.
A parroquia de Igrexafeita ten outro xeito de preparar a chanfaina.
Nesta ocasión Julia Gudín, a cociñeira do "bar Marcial" en Leboriz, (Bardaos), elabora a receita da chanfaina ao estilo Bardaos. Clip da serie documental de TVG "Grandes lugares" (2012) producida por Pórtico Comunicación.
Descarga a receita.
Tamén podes ver a Julia como protagonista da curta "E logo.." (2015) de Mario Iglesias
Temas: vídeos, Bardaos, gastronomías, xente, bares e tabernas, muller, receitas
Autor/a: Julia Gudín González
Vídeos:
Chanfaina de Castela-León
Chanfaina extremeña