En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
San Sadurniño, 2013
O CF San Sadurniño apostou por crear no ano 2013 un equipo feminino que compite na Liga Comarcal de Fútbol 8. Esta liga, formada por 15 equipos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, é a única destas características en toda Galicia. Todas as fins de semana máis de 250 mozas danse cita nos campos de fútbol. A capitana Nazaret San Lucas e o entrenador Borja Mesa fálannos dos comezos e ilusións do equipo.
Podes seguilas en twitter: @sansa_fem
Descarga os documentos coa plantilla do FC San Sadurniño Feminino e os equipos que compiten na Liga F8.
Temas: deporte, muller, San Sadurniño (Concello), asociacións actuais, fútbol
Autor/a: FC San Sadurniño Feminino
Fotógrafo/a: Vicente Meijido