Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
O Casal, San Sadurniño, 2017
En xuño do ano 2017 abriu as súas portas o Centro municipal de empresas. Ubicado na primeira planta do edificio anexo á nova casa consistorial, no antiguo Pazo da Marquesa.
O edificio -con 250 m² de espazo útil- posúe 13 locais con distintas medidas, que van desde os 8,50m² das cinco oficinas máis pequenas aos case 30m² da máis grande, situada fronte ao aparcadoiro e que, polo momento, o Concello reservará para usos propios. Nese abano de medidas tamén se poñen á disposición das empresas outras sete, que van dos arredor de 11 metros cadrados ata preto de 22.
O prezo por metro cadrado quedou fixado en 5,83€, de maneira que pódese dispor dunha oficina na que empezar a traballar por menos de 50 euros mensuais, incluíndo nesa contía o consumo eléctrico, a calefacción, o acceso a internet, o uso de instalacións comúns como a sala de xuntanzas e o asesoramento en materia de subvencións por parte do departamento de Desenvolvemento Local.
Temas: emprendedor@s, empresas de servizos, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), traballos, vídeos