Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
O Casal, San Sadurniño, 2010
O día 8 de setembro do 2010 abrían as portas do Centro de día de San Sadurniño para proporcionar atención integral a persoas maiores. Abriu dous anos despois da apertura do centro residencial privado para maiores "Suacasa".
O centro de día oferta 40 prazas nunha ubicación privilexiada, ao carón do Arboreto, a horta de conservación de froitas e o Pazo do Concello. A xestión corre ao cargo do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
Fálannos das numerosas actividades que se realizan no centro: Noelia a traballadora social, Almudena a terapeuta ocupacional e os usuarios/as María Sanjurjo, Desiderio Vilasuso, Camila González e Pura Rodríguez. Todos/as coinciden nun dos lemas do Centro: "Desfrutar da vellez significa que vivimos unha vida plena"
Tamén funciona no lugar de Silvalonga "Súacasa", centro asistencial privado
Temas: lecer, San Sadurniño (Concello), empresas de servizos
Autor/a: Almudeda Lameiro Pena