![load](/main/templates/v1/img/load2.gif)
Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Casal, San Sadurniño, 1650
Temos novas da existencia dun hospital para enfermos e peregrinos atendido polos monxes templarios no século XII. Mais coa construción do Convento do Rosario, o Hospital trasladouse ao carón da desaparecida Capela dos Marqueses, onde aínda está en pé o antigo edificio, preto do actual Café-bar Palacio. O Hospital estaba financiado e atendido polos Marqueses de San Sadurniño. Dispoña de servizos para enfermos e peregrinos en tres camas, segundo consta no Catastro de Ensenada de 1752. Hai novas do seu funcionamento en 1744 cando nunha visita do Bispo afírmase que "falta ropa en tres camas" e denuncia o abandono das súas obrigas polo 3º Marqués José Jacinto Quindós. En 1871 xa vivía no edificio o colono Domingo López.
A historiadora Margarita Sánchez cóntanos a historia deste pouco coñecido patrimonio do século XVII.
2018-06-19 22:22:17
La casa de mi bisabuela, de mi abuelo, que me vió crecer y donde tengo recuerdos maravillosos.
Temas: Convento do Rosario, patrimonios, Pazo da Marquesa
Autor/a: Margarita Sánchez Yáñez