Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Cartografía"

Castelo de Naraío, Fontao, Fontela e Vilarbó, 2025

9ª Chanfaina Lab (7). Estrea: venres 28 de marzo do 2025
Guión e dirección: Eva Lareo e Álvaro Trigo
Dirección de arte e fotografía: Eva Lareo
Montaxe e son: Álvaro Trigo
Duración: 5' 50''
Sinopse: "Cartografía" é un percorrido polos arredores do Castelo de Naraío coa fin de rexistrar e catalogar cada lugar e a súa atmosfera especial mentres se avanza de punto en punto fixando sitios clave da zona."
Gravado no Castelo de Naraío, Fontao, Fontela e Vilarbó, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Álvaro Trigo, (Vigo, 2001), estudou realización audiovisual e actualmente cursa Belas Artes na Universidade de Vigo. A súa curta 'Exilio' foi incluída na sección Paraíso do festival S8 no 2024 e con 'O peixe' foi premiado no XX Premio de creación audiovisual Universidade de Vigo. O seu traballo bebe da súa formación plástica e audiovisual explorando a capacidade experimental da animación.
Eva Lareo (Vigo 2003), estuda na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Dende cativa tomou afección pola pintura e o cinema, as súas artes favoritas. Xa participou en varias exposicións de pintura e xunto cos varios amigos e amigas desenvolve traballos na produtora Kasa Vella. A súa peza “Boa Viagem” foi seleccionada no S8, Festival de cinema periférico en Coruña na edición de 2024.

Eva Lareo e Álvaro Trigo, novísimos artistas vigueses achegáronse a Chanfainalab cunha idea moi xeral e racionalista do que ían gravar: "Chegamos cunha vaga idea do que queríamos facer pero transformouse totalmente coa observación da paisaxe. A idea inicial consistía en percorrer todo San Sadurniño gravándonos o un ao outro dende os puntos máis altos da zona. Ao final resultou nunha especie de viaxe entre estes puntos significativos pero despersonalizada totalmente. Unha especie de ente incorpóreo cataloga e cartografía toda a zona e toma mostras dos seus recursos. A rodaxe consistiu na unión de diferentes puntos altos do territorio que rodea o Castelo de Naraío despois dun previo estudo da zona e dos puntos que podíamos enlazar. Como idea final tómanse materiais do chan e o ambiente de varios fitos xeográficos que se integran na peza agregando información ás imaxes."

"Cartografía" é unha vídeocartografía sobre a contorna de Naraío a partir da observación directa e un método concreto de mapeo a través da cámara: ""Aínda sendo completamente diferente do que pretendíamos nun principio, o proceso de evolución da peza foi enriquecedor e sobre todo vimos dalgunha forma un tipo de experimentación distinta que nos insta a perdernos e volvernos encontrar". O interesante da Chanfainalab é a posibilidade de "observar" o noso territorio dende a perspectiva doutros ollos foráneos. Nesta ocasión, os novísimos artistas vigueses xeneran un mapa visual a través de xogos de achegamentos e distanciamentos dos fitos paisaxísticos e as propias texturas da natureza. Eva e Álvaro van saltando de punto a punto da parroquia, sempre ao carón do Castelo de Naraío, aproveitando recursos estilísticos, aberracións cromáticas e mesmo o ruído da pequena cámara de vídeo coa que compuxeron a súa videopintura cartográfica. Que vos preste a sua proposta.
Fotografías de César Galdo.

  • "Cartografía"

  • Alvaro Trigo

  • Eva Lareo

  • Camiño do Castelo de Naraío

  • Álvaro Trigo na foto oficial da 9ª Chanfainalab.

  • Álvaro Trigo na Eira de cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Eva Lareo na "Eira de cineastas"

  • Eva e Álvaro na Eira de cineastas

  • Álvaro e Eva, cartografiando....

  • Eva e Álvaro na 9ª chanfainalab

  • Álvaro e Eva nos arredores de Naraío

  • Eva e Álvaro gravando na 9ª Chanfainalab

  • Álvaro e Eva na Gala da 9ª Chanfainalab

  • María, Eva, Héctor e Álvaro na gala da 9ª chanfainalab

  • Eva e Álvaro cos compañeir@s da 9ª Chanfainalab

  • Eva e Álvaro entre o público da 9ª chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, mapas, Naraío, naturezas, pintura, videocartografías, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Álvaro Trigo e Eva Lareo

Compartir en: