Receitas e xantares singulares das terras de San Sadurniño: mesóns, bares e tabernas. Os pratos tradicionais do concello son a chanfaina, o bacallau, o o raxo, a carrilleira e o churrasco. E de postre o requeixo ou pastelón.
Outeiro, San Sadurniño, 1996
Dende a súa apertura en 1996 "A Granxa" é un dos restaurantes mais emblemáticos de San Sadurniño. Está situado no fermoso espazo da antiga granxa e pombal do Pazo da Marquesa e ao pé da súa inmensa fraga. O artista Carlos García Romero aportou no 2016 toques de fantasía ao espazo co banco do amor e o barco pirata. Hoxe oferta mais de 15 000 metros cadrados de natureza e paisaxe ás beiras do río Xuvia, ademais dunha carta onde brila con luz propia todo tipo de carnes á brasa, churrasco, o polbo á feira, ou a carrilleira de terneira. Así cóntanolo o seu propietario Manuel Romero. Clip da serie documental "De viaxe" na Televisión de Galicia emitida no ano 2010.
Temas: bares e tabernas, emprendedor@s, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), vídeos, gastronomías, ríos
Autor/a: Fálame
Vídeos:
A Granxa