Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
A Torre, Igrexafeita, 1968
Erundina fálanos de Canducho, o zapateiro de Igrexafeita (Cándido Hermida), que está na foto con Marcial. A zapatería estaba no local da Asociación de Veciños e Veciñas Adiante Igrexafeita.
Temas: empresas de servizos, Igrexafeita, oficios, traballos, xente
Autor/a: Erundina Díaz López