Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
O Casal, San Sadurniño, 1982
O 17 de setembro de 1982 abría as súas portas o "Café del Palacio" ubicado a carón do Pazo da Marquesa e no solar que ocupaba a capela do Pazo. Ángel Gavín Porrás foi o seu impulsor para axudar á economía familiar. O local foi medrando, non só polo seu emprazamento estratéxico e ambiente acolledor, senón pola recoñecida calidade do seu café, que conta con moitos seguidores dentro e fora de San Sadurniño. Juan Gavín Merlán cóntanos as orixes deste transitado negocio e desvela o segredo do "Café del Palacio".
Temas: bares e tabernas, emprendedor@s, San Sadurniño (parroquia), Pazo da Marquesa
Autor/a: Juan Gavín Merlán