Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
O Chao, Lamas, 1915
Manuel Yáñez Fernández (1876-1954), natural de Penacastrelo (Lamas), era fillo dos labregos Antonio Yáñez Castrillón e Pastora Fernández Canosa. Fai cen anos montou no Chao de Lamas, ao carón da igrexa parroquial, a "Casa Yáñez", un comercio "dos de antes", que subministraba alimentos, tecidos ou trebellos de todo tipo, mais tamén era bar e case o local social da veciñanza de Chao. Manuel foi tamén concelleiro na corporación municipal cos alcaldes José Fernández Pita (22-23); Pelayo Casal (36-37); o seu irmán Segundo Yáñez (37-40) e Faustino López (40-41); politicamente foi tesoureiro do partido Unión Patriótica (1924-1929). Casou con María Couce Romero coa que tivo seis fillos: Manuel, Antonio, Pedro, Arturo, Fernando e María.. Esta última, María Yáñez Couce -ten 90 anos e aínda atende no comercio- casou con Manuel Castrillón Orjales (1924-2009) e a tenda pasou a chamarse "A taberna de Manolo e María" ademais de ofertar servizos de taxi..
En 1991 Carlos Castrillón Yáñez, neto de Manuel Yáñez, e a súa muller Amparo Castro Vázquez inauguran o remudado Bar Castrillón do Chao de Lamas e aí seguen, atendendo este negocio centenario, todo un clásico da parroquia de Lamas.
Temas: bares e tabernas, empresas de servizos, familias, Lamas, xente
Autor/a: Carlos Castrillón Yañez