Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
San Sadurniño, 1971
En 1959, ao voltar do servizo militar de Cádiz, o veciño de Lamas José María Santos montou no centro de San Sadurniño unha barbeiría que transformou en 1971 nun innovador café-bar-perruquería: “todo un mundo de servizos”, como apunta o seu fillo Juan José Santos. Pódese degustar café, tomarlle pinchos, tapas e viño, xogar ao futbolín para, -despois de pasar pola perruquería-, saír do establecemento como un “pincel”. Capítulo do programa de V-Televisión "De bares en ruta" titulado "Ruta AC 862", emitido o 12-01-2013. En setembro de 2014 a directora e guionista Sonia Méndez escolleu este espazo para realizar "o seu filme" para a Chanfaina'Lab.
Temas: bares e tabernas, emprendedor@s, empresas de servizos, San Sadurniño (parroquia), vídeos
Vídeos:
Bar Peluqueria Santos (Via V)
Café-Bar Santos Perruquería (Sonia Méndez)