Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
A Seara, Ferreira, 1978
O cemiterio de Ferreira tivera unha profunda reforma na década de 1930 grazas a xenerosidade da Sociedade "Pro escolas de Ferreira" de Buenos Aires e Montivideo (sic). Mais a finais da década de 1970, o espazo do cemiterio quedouse cativo. A historia da súa ampliación cóntanola dende Cáceres o párroco daquela, Ramón Díaz Raña baixo o título "A Señora da Gadaña quere ocupar as noventa e noveavas partes”. Un relato ameno, retranqueiro e ateigado de humor negro que fará as ledicias de quen o lea.
-“Eu vendo, pero non ao bispo nin aos curas”. Estas palabras parecen saídas da boca dun poseso; pero non. Nin tampouco as pronunciara a bendita Avelina da Vila, que tendo lingua viperina e, ao ser medio protestante, case lle cadraba. Eran dun bo home, fillo dunha santa muller. Ninguén esperaba ese estoupido. Rebotaron nas orellas dos presentes como o estalido do trono. Foran pronunciadas con enerxía e claridade.Tras delas o silencio foi o señor. E despois dun compás de espera, engadiu con voz máis suave: “se eles queren cartos, eu tamén. Eu vendo a cada un de vos”. Non entendíamos a que viña aquela estocada ao bispo. As nosas almiñas estaban nun vilo por se quedaba algo de espada para nos. Eu sentíame ferido polo que me tocaba ao ser parte da “ralea”. Que pasou antes e despois? Vexamos. Moitos homiños de Ferreira andaban inquedos desde había tempo. A ignorancia é mala compañeira. E ignorar onde van repousar os meus osiños e os dos seres queridos desacouga a calquera. Sentíanse mortais; pero non era o ter que morrer o que os inquietaba, senón o descoñecer o lugar onde repousar. Viñan xunta miña na procura de remedio e saían de cabo min aínda máis desacougados...".
Continuar lendo a historia..."
Fotografía de portada: "Cemiterio de Ferreira no solpor" de Erundina Martínez Gato (Ferreira). Da exposición "Miradas novas".