Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1933
Na noite do vernes 14 de abril de 1933, 2º aniversario da República, San Sadurniño perdeu momentaneamente o cualificativo de “vila da tranquilidade”. Case todos os xornais españois publicaron a mesma nova: “Atentado terrorista en un pequeño pueblo de Galicia”. Unha bomba estragou por completo o garaxe e a furgoneta do xove socialista Emiliano Calvo, (concelleiro en 1930 e futuro alcalde de San Saduniño durante o franquismo de 1949 a 1951). Aos poucos días foron detidos catro anarcosindicalistas como presuntos autores do atentado. Se queres coñecer a historia completa deste suceso e saber mais dos seus protagonistas, descarga o documento adxunto con mais información. Na fotografía o lugar exacto onde aconteceu a explosión da bomba en 1933.
Temas: San Sadurniño (parroquia), xente, conflitos
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Gabriel Tizón