Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Lamas, 1916
Varios xornais de Galicia publicaron que na noite do 23 de abril de 1916 unha forte explosión as tres e media da madrugada espertou aos vecinos de Lamas. Ao parecer, a bomba de dinamita destrozara a tenda de comestibles que rexentaba a muller do secretario municipal de San Sadurniño, José María Pita Corral. Mais tarde soupose que a explosión non fora en Lamas senon en Lanzós, Lago (Valdoviño), onde vivía a familia do Secretario municipal.
Os danos non foron de importancia, mais María Couce Lamas, esposa do secretario, quedou moi afectada polo atentado. Aos poucos días será detido o veciño do lugar de la Torre en Lago (Valdoviño), Baldomero Rodriguez Cancela como presunto autor da colocación da dinamita.
Non quedaron moi claros os motivos do feito, mais ao parecer o atentado tivo motivos políticos. O acusado saíu en liberdade provisional baixo fianza de 5.000 pesetas a primeiros de xuño do mesmo ano.
Jose María Pita Corral entrou como secretario municipal de San Sadurniño segundo acordo do 30 de maio de 1910, baixo mandato do alcalde José Naveiras Barro cando trunfaron os Solidarios nas eleccións municipais de 1909.
Cando estoura a bomba, o alcalde era Juan Fernández Calvo e o secretario José María Pita recén remata de contratar ao seu propio fillo de 13 anos, Edelmiro Pita Couce como "escribinte auxiliar do Secretario municipal".