Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Asociación Cultural Recreativa Santa Mariña do Monte

A Golpilleira, Santa Mariña do Monte, 1998

A Asociación Cultural Recreativa de Santa Mariña do Monte nace o 22 de maio de 1998 como un centro social para dinamizar as terras e as xentes da parroquia. O local social está nas antigas escolas da parroquia. A primeira Xunta Directiva estaba composta por José Antonio Calvo Cribeiro (Presidente); Monserrat Fernández Graña (Secretaria); Orestes Blanco Varela; Hipólito Díaz Silva; Pilar Rodríguez Vergara e Amparo Calvo González. Unha das súas primeiras actividades foi a organización da "Festa de San Loureiro" en outubro de 1998.
Manuela Rodríguez cóntanos a historia e obxectivos da asociación. Non deixes de mirar o 1º Encontro veciñal de Santa Mariña e desgargar o documento publicado no xornal "Pegadas"

Asociación Cultural Recreativa Santa Mariña do Monte

Documentos:

Asociacion Cultural Santa Mariña. Pegadas. (Pegadas, febreiro 2009)

Comentarios

Manuel Castro

2017-08-20 10:15:37

Bos dias Son directivo da Agrupación Musical Lucero del Alba, e poñome en contacto convosco, para ofrecer os nosos servizos musicais, e nos teñan en conta para cando a Deputación provincial abra as axudas para as redes culturais e musicais . Un Saúdo Tlf de contacto 620054321 Castro

Máis imaxes

Temas: Santa Mariña do Monte, asociacións actuais

Autor/a: Manuela Rodríguez Mauriz

Vídeos:
1º Encontro veciñal de Santa Mariña do Monte

Compartir en: