Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Asociación ConcienciArte

Silvalonga, 2014

A "Asociación ConcienciArte, cultura colectiva do rural" naceu no 2014 como froito da inquedanza dun grupo de persoas interesadas en novas alternativas e xeitos de vida. Actualmente conta con 36 socios. O Concello cedeulle o local da antiga escola de Silvalonga, que fora construída coa colaboración da veciñanza a comezos de 1950 e nomeadamente pola teima do mestre, Francisco Dorado, quen chegaría a ser alcalde de San Sadurniño entre 1955 e 1964. Nas imaxes adxuntas podes ver fotografías da antiga escola de Silvalonga.
Os obxectivos da "Asociación ConcienciArte" son -sobre todo- a divulgación e concienciación de novas alternativas vitais no entorno rural. Tamén apostan por un mundo máis xusto, equilibrado e autoxestionado: enerxías libres, alimentación consciente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación ou o grupo de consumo de produción ecolóxica que xestionan. Habitualmente realizan numerosas actividades como obradoiros de teatro, canto, yoga, plantas, radio, etc. Asemesmo, unha das súas teimas- xunto coa música- é a produción de filmes humorísticos, que difunden a través da canle ConcienciaTV. Podes seguir a dinámica da Asociación a través do seu Facebook. Nos seus vídeos tentan poñerlle retranca a todo, nomeadamente á algúns dos valores dominantes na sociedade contemporánea, como se pon de manifesto nas pezas producidas nas edicións da Chanfainalab "O meigo mouro do repetidor"(2015), "Flipacan" (2016) e "Homilías neoliberales/Decrecentismo" (2017).
Patricia Lamas, Agustina Motas e Carlos Barbados, fálannos da orixe e obxectivos da Asociación:

  • Asociación ConcienciArte

  • Local da Asociación Concienciarte

  • Local da asociación

  • Interior do local en Silvalonga

  • Lugar en ensaio no local

  • Local social

  • Interior da antiga escola

  • Patricia no local da asociación

  • Escola de Silvalonga no curso 1954

  • Conciencia TV

  • Nenas e nenos na antiga escola de Silvalonga

  • Alumnado da antiga escola de Silvalonga

  • A escola de Silvalonga

  • A escola antiga de Silvalonga

  • Profesorado e alumnado na escola de Silvalonga no ano 1950

  • Nenas da escola coa profesora

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: asociacións actuais, escola, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: "Asociación ConcienciArte"

Compartir en: