En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
Bidueira, San Sadurniño, 2015
Chanfaina'Lab (4) Estrea venres, 13 de febreiro do 2015
Título: Ao patadón
Actores: Icía Fernández Breijo, Jorge Mera Hermida
Produción: Bárbara Primo, Beatriz Lema
Director: Xurxo Chirro
Duración: 2'13''.
Sinopse: Unha nena e un neno lembran o antigo campo de fútbol da Bidueda xogando "ao patadón", (xogar ao fútbol sen técnica, adaptándose ao terreo).
Gravado en San Sadurniño na chuviosa tarde do 7 de setembro do 2014 dentro do programa do Chanfaina' Lab.
O crítico e historiador Xurxo Chirro acadou sona como un dos cineastas galegos mais sobranceiros dos últimos anos, con obras de referencia como a multipremiada Vikingland. O autor guardés amósase especialmente interesado pola recuperación da memoria social e colectiva, -tema moi presente en toda a súa obra-. En "Ao patadón" revive un dos espazos relembrados por moitos veciños e veciñas de San Sadurniño: o mítico campo de fútbol da Bidueda, inaugurado no ano 1946. A peza "foi ideada no mantel do xantar da Chanfaina e gravada no postre", cunhas leves indicacións aos actores Icía e Jorge, na procura da nostalxia compartida. Do mesmo autor veremos proximamente outros dous filmes realizados para a Chanfaina'lab: "Cartas de Conquista" e "Teleclube".
Temas: Chanfaina'Lab, cinema, deporte, fútbol , nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes
Autor/a: Xurxo Chirro
Vídeos:
Cova alumada "Proxecto NIMBOS",