Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1973
Unha nova e deliciosa historia de Ramón Díaz Raña debullando lembranzas acontecidas durante a súa estadía como párroco de San Sadurniño (1973-1990). Nesta ocasión aborda o proceso de ampliación do cemiterio novo, unha historia que ben daría para unha divertida curtametraxe de humor negro. O relato comeza así:
"Debo dicir antes de nada que eu coidaba persoalmente o Campo Santo de San Sadurniño. Foi unha desas cousas curiosas e raras da miña vida. Poida que en toda Galicia non se dera outro caso así: o crego da Parroquia limpando e coidando o cemiterio. Tíñao como un xardín e iso que daquela había moita zona de céspede. Por Defuntos colocaba eu mesmo as luces naqueles nichos que a xente me pedía, recollendo despois os trebellos. Fixéramos a acometida da auga e da luz, e con dous cables separados instalámola por todo o tellado; tamén puxemos dúas farolas. Aclaro isto non para darme fachenda cando estou a falar dos mortos. Líbreme Deus de usar precisamente aquí a simpleza e a broma. Que quede claro.
Aínda que non deixa de ter graza que un deses días me pillara D.Jacinto Argaya (bispo daquela en San Sebastián) e a súa sobriña María José, vestido con mono, recortando a herba do cemiterio. O Bispo non saía do seu asombro cando me viu enfrascado nese traballo. Deulle unha aperta forte ao mono convencido que debaixo estaba Ramón...." Continuar lendo
Temas: conflitos, Convento do Rosario, igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Ramón Díaz Raña