A Torre, Igrexafeita, 1978
Ana Lamas e Abel Vega Vega cóntannos a historia da Asociación de Veciños e Veciñas
Adiante Igrexafeita, creada oficialmente o 29 de maio de 1978, sendo a primeira asociación de San Sadurniño dende a restauración da democracia. Na actual sede social tivera zapateria Cándido Hermida. O seu primeiro presidente será Manuel José Lamas Soto, futuro alcalde de San Sadurniño (1983-1989).
Unha das iniciativas mais coñecidas da Asociación foi a organización da "Feira de exaltación da Chanfaina" dende o ano 1994.
Descarga o documento coas novas publicadas en "Pumariño" sobre os comezos da Asociación (1977-1978) e a reportaxe no xornal "Pegadas" en decembro do 2006. Fotografía: local da AAVV.