Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

A verdadeira historia de Currás

Currás, San Sadurniño, 1985

De novo Ramón Díaz Raña coa súa xenialidade habitual debulla na historia de San Sadurniño para desvelar a verdadeira orixe do complexo deportivo de Currás, un relato no que se mesturan marquesas, bispos, veciños e veciñas, notarios, fábricas de conservas e cregos idealistas sobrados de paciencia. Non vai deixar a ninguén indiferente e as persoas que frecuentan o campo de fútbol ou utilizan a piscina da área recreativa de Currás deberían ler esta historia obrigatoriamente.
A historia comeza así:
"Incrible, amigos!.. Estando en plena canícula dígome: para refrescar a cachola nada mellor que mergullarse nas augas profundas da historia, algunhas xa conxeladas. A quentura e a suor confirmaron o meu erro. Pero douno por ben feito. Quero aforrarlle mareos a esa alma inqueda por saber, que aparecerá (!!) dentro de 50 anos. Nesta xeira do “whasapeo” van ser poucos os que se atrevan a ler case once páxinas para coñecer como se cimentou o que hoxe é a “Área recreativa de Currás”.
Pois si, custoume suores enguedellar o relato. Atrevinme a poñer por escrito os pasos que se deron ata chegar á piscina, asadeiros, herba (!) sintética … dese ben lindo campo de recreo e alegre divertimento. (De momento soamente o coñezo polo internet). Se pasados uns anos alguén ten a necesidade de saber … aquí o pode consultar. Nós acordámonos tarde para preguntar a Ángel Gavín e aos que en Sansa viviron as orixes do campo da Marquesa para coñecer como se artellou todo aquel rebumbio; o mesmo pasa coas orixes da Cooperativa de Prospes. Varias veces lle teño dito a Ángel que se animara a escribir a historia da Cooperativa. Dicía que precisaba axuda. Para el só era moita lea.

Continuar lendo
Fotografía, Cesar Galdo

  • A verdadeira historia de Currás

  • Balance final da adquisición de terras en Currás

load

Documentos:

Vontade de doazón dun terreo para que xoguen ao futbol os nenos de San Sadurniño (1.9.1946)
Escritura pública de doazón dun terreo para campo de fútbol (20.2.1947)
Correspondencia co Bispado de Mondoñedo (1985)
Plano das fincas en Currás (1985)
Documento de compra de fincas en Currás (1986)
Correspondencia coa familia Devesa(1985-1988)
Doazón dos terreos de Currás ao Concello de San Sadurniño (marzo de 1989)
"A verdadeira historia de Currás" por Ramón Díaz Raña (2017)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, fútbol , lecer, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: