Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A segunda revolta irmandiña

Naraio, 1466

Os constantes abusos do señor feudal Fernán Pérez II de Andrade, "O mozo", levarán a labregos, fidalgos e artesáns de Naraío a adherirse ás Irmandades na gran rebelión antifeudal dos Irmandiños (1466-1469), a segunda nas terras de Trasancos tras o fracaso da primeira revolta en 1431 .
No val de San Sadurniño o lider irmandiño será o fidalgo encomendeiro dos coutos de San Sadurniño e Ferreira, Alonso de Lanzós -pai de Inés de Castro , futura fundadora do Señorío de San Sadurniño en 1526- Alonso de Lanzós e o exército Irmandiño conseguerán tumbar o castelo de Naraío pedra a pedra, botando aos Andrade fora de Galicia. Mais tarde, sofocada a revolta, os Andrade aprópianse das posesións de Alonso de Lanzós: "os coutos de San Sadurniño, Ferreira, e San Martiño con todos sus vasallos, señorío e jurisdiçión çevil e creminal" e os labregos serán obrigados a reconstruir o castelo de Naraio que permañecerá en activo ata o ano 1603. Os Andrade continuarán abafando en 1491 aos seus servos ata o final do século XV, coa política centralizadora dos Reis Católicos que levará aos Andrade á corte de Castela .
Sen embargo, a paradoxa desta historia é que, tras anos de pleitos cos Andrade e os Lemos, en 1489 os Lanzós recuperan as propiedades usurpadas a Alonso de Lanzós en San Sadurniño. Coa herdanza de Inés de Castro e Lanzós, filla do lider da revolta antiseñorial, o seu marido Fernando de Andrade fundará en 1526 o Señorío de San Sadurniño, que perdurará practicamente ata mediados do século XX.
Na 5º Chanfainalab os cineastas Helena Girón e Samuel M. Delgado inspiráronse nesta historia para filmar "Irmandade"
Descarga o documento coa historia completa publicada no ano 2000 pola AAVV "O castelo de Naraio"

A segunda revolta irmandiña

Documentos:

A revolta irmandiña. Narahío un castelo medieval.(2000)
Os Andrade en Naraío (2000)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, labregos e labregas, Naraío, patrimonios, vídeos, conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
A memoria dos irmandiños
A revolta irmandiña

Compartir en: