Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Casal, San Sadurniño, 1929
A familia Rico Vigo é unha das sagas máis numerosas e coñecidas do Concello, pois levan en San Sadurniño polo menos dende o século XVIII
A saga comeza con DOMINGO RICO FERNANDEZ, (fillo de Bernardo e Cipriana), e MARIA CATALINA MARTINEZ FERNANDEZ, (filla de Antonio e Nicolasa). que á altura de 1862 eran caseiros do Marqués; e pagaban 210 reais ao ano por unha propiedade na "Era del Palacio" ao Marqués de San Sadurniño. Tamén atendía o correo de San Sadurniño na antiga Casa de Postas na que vivía.
O matrimonio tivo seis fillos:
ANTONIO RICO MARTINEZ. Deixou un fillo mudo, José Rico Fernández
MANUEL RICO MARTINEZ.Emigrou a Cuba
JOSE RICO MARTINEZ. Emigrou a Cuba
ANTONIA RICO MARTINEZ. Casou en Ferrol con Domingo Pérez.
TOMÁS RICO MARTINEZ. (1839-1899). Estivo en Cuba uns aos e retornou con algúns cartos. E foi quen quedou na casa familiar, atendendo a Casa de postas e as terras do Marqués na "Era del Palacio" . Foi alcalde de San Sadurniño de 1885 a 1894. Casou con MANUELA VIGO .Tomás Rico plantará os primeiros eucaliptos de San Sadurniño, dos que aínda se conserva un deles.
Tomás Rico e Manuela Vigo terán 10 fillos:
MANUEL RICO VIGO. Casado con MANUELA LOPEZ SISTO (1879-1919). Terán 4 fillos:
Tomás Rico López. Emigrou, casou e morreu en Cuba
Andrés Rico López. Mestre armeiro, militar. Presidente da Sociedade Agraria Socialista en 1932
Clotilde Rico López
María Rico López
MANUEL casou en segundas nupcias con CARMEN LÓPEZ FERNANDEZ, coa que tivo 4 fillos:
Manuel Rico López(1923). Colaborador habitual de "Fálame de San Sadurniño".
Victor Rico López.1925
María de los Ángeles (Maruxa) Rico López
Eva Rico López
VICENTA RICO VIGO. .Viviu na Coruxa. Casada con Manuel Ramos.
JOSÉ RICO VIGO (1879-1968). Casado con Rosenda García Novo, de Igrexafeita. Viviu na Rubiña, pais de
José Joaquín Rico García., morto no 1939 na Guerra civil (no mar)
CLOTILDE RICO VIGO. Casou con Ribeiro, albanel portugués que viña traballarlle á Duquesa. Residiu en Portugal, onde morreu.
CAROLINA RICO VIGO. Foise de nova para o estranxeiro e non se soubo máis dela.
VICTOR RICO VIGO.-1978)Emigrou a Cuba e retornou para a Rubiña. Casou con VICENTA e ao morrer ésta, fíxoo en segundas nupcias con MERCEDES LOPEZ BASTIDA.
MARIA RICO VIGO. (1892-1948). Casou co viuvo Manuel López Sisto e terán dous fillos:
Emma López Rico
Antonio López Rico.
EMILIO RICO VIGO. Casou con Andrea Felgar. Terán unha filla:
Manuela Rico Felgar.
VALERIANA RICO VIGO.. Casou con Generoso Prieto. Viviron no Albeiro, Silvalonga. Terán 4 fillos: Generoso, Marcial, Francisco e Valeriana Prieto Rico.
FRANCISCO RICO VIGO. Foi a Cuba. Casou con María da Rubiña, nacida na Coruxa.
Na fotografía parte da familia en 1929. Identificación dos nomes
Temas: Sagas, emigración, familias, San Sadurniño (parroquia), xente
Autor/a: Víctor Manuel Rico Vitucho