O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,
O Casal, San Sadurniño, 1912
Manolo Rico fálanos da procesión das festas de Santa Isabel e do "copón de ouro". A procesión era un dos actos centrais das festas parroquiais e ía dende o claustro do Mosteiro ata o Pazo dos Señores e celebrada dende tempo inmemorial. Os Marqueses sempre participaron na financiación da celebración relixiosa. Portaban o palio da procesión relevantes persoeiros locais, franqueados por unha multitude de curas dos concellos limítrofes. A primeira crónica xornalística que describe minuciosamente o ambiente da "Santa Isabel" foi publicada no "Correo Gallego" en 1900. A paradoxa da festa sempre foi que a imaxe que saía na procesión non era a da patrona, senón a da Virxe do Rosario.
Temas: Convento do Rosario, festas e romarías, igrexas parroquiais, patrimonios, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), Santa Isabel
Autor/a: Manolo Rico López
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño