Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
A Leiriña, Ferreira, 1993
José Luis Naveiras Bermúdez fálanos da súa avoa nesta foto do ano 1993.
María Naveiras Naveiras na escola da Leiriña, votando por primeira e última vez aos seus 96 anos, nas eleccións ao Parlamento Galego o 17 de outubro de 1993 .
Mais historias de María Naveiras