Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1872
Un dos problemas da sociedade galega no século XIX é a elevada tasa de mortalidade infantil. As malas condicións hixiénicas e alimentarias, a inexistencia de servizos médicos, a dispersión xeográfica e os problemas de comunicación, as enfermidades infecciosas e epidemias, provocaban a morte prematura dun elevado número de nenos e nenas. Podemos facernos unha idea da situación analizando os datos estatísticos de 1872 segundo o Rexistro Civil de San Sadurniño. De 160 persoas mortas naquel ano, 65 tiñan menos de seis anos, e dicir o 40% dos mortos de 1872 foron cativos, nomeadamente menores dun ano.
Seis anos despois, en 1878 o municipio contará ao fin cun servizo de sanidade pública. Un concurso público trae un médico para atender ás familias pobres. O médico interino será Manuel Constenla da Cal, veciño de Xubia. Serafín Alende acada o posto de practicante.
Cadro estatístico de 1872 do Rexistro Civil de San Sadurniño.