Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
O Casal, San Sadurniño, 2014
Nado en Cospeito, Manolo Carballeira é un artista plástico afincado en Valdoviño. A súa pintura pode encadrarse dentro da figuración realista, mais ten achegas impresionistas, empregando todo tipo de técnicas pictóricas: acuarelas, pastel, plumilla, óleo, acrílico...
Expón os seus cadros en numerosas vilas e cidades de España e ten gañado unha morea de premios nos certames de pintura aos que se presenta.
A Manolo Carballeira interésanlle temas e paisaxes de San Sadurniño non só pola súa proximidade xeográfica, senón porque considera "ten ese privilexio de ser un entorno moi “pintoresco”: ten ríos, arquitectura e clima adecuado para reflectir distintos estados e momentos nas diferentes estacións do ano. O que mais me cautivou foron os ríos, a calma que presentan, as ribeiras e os contrastes que se poden ver ao longo das súas augas e unha paisaxe que, como a natureza, está sempre viva e cambiante".
Unha mostra de pinturas de Manolo Carballeira foi a exposición inaugural da galería de exposicións do Pazo do Concello no verán do 2014.
No audio podes escoitar a Manolo Carballeira falando sobre do seu xeito de entender a arte e a súa relación con San Sadurniño. Tamén podes seguilo no seu facebook.
Temas: castelo de Naraio, Convento do Rosario, muiño, naturezas, paseos, ríos, San Sadurniño (Concello), visitantes, pintura
Autor/a: Manolo Carballeira Rivas