Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A Marquesa durante a Segunda República

San Sadurniño, 1933

A proclamación da Segunda República en abril de 1931 marca un punto de inflexión na vida da Marquesa. Xa andaba moi afectada polas perdas persoais: o seu marido (1922), a amiga e cuñada marquesa de Almaguer (1926), a súa principal valedora, a raíña María Cristina (1929), a princesa Isabel de Borbón (1931), mais agora súmase ó esmorecemento do mundo no que leva vivido durante 70 anos como dona do Señorío de San Sadurniño dende o século XVI e Duquesa "Grande de España".
A 2º República vai poñer en cuestión todos os valores que a sustentaron: os Reis están no exilio e os títulos de nobreza suprimidos segundo a Constitución republicana. A separación Igrexa estado é completa; o ensino laico e gratuíto; obreiros e labregos teñen agora “dereitos”. A xente xa non “respecta” os títulos nobiliarios e non se “abraia” pola nobreza de sangue. De feito nos xornais destes anos, chámanlle “ex-duquesa” cando veña a pasar -moi discretamente-, o verán no seu pazo en 1933, 1934 e 1935. Tras dalgúns problemas en 1933 co novo concello republicano, presidido polo labrego Vicente Castro Naveiras, Natividad Quindós fai doazón dun solar para a Garda Civil - mais non para escolas laicas- e segue a defender os seus intereses, sen que agrome ningún conflito coa que segue a ser a "Señora de San Sadurniño".
Mais unha das leis “estrela” da República será a Lei da Reforma Agraria que acouta ás propiedades da nobreza española. Por outra banda, o BOE de outubro de 1932 decreta a expropiación das terras dos "Grande de España". A marquesa ocupa o nº 37 da listaxe de aristócratas ”expropiábeis”, onde por certo tamén figuran moitos dos ilustres veraneantes do Pazo de San Sadurniño. En "imaxes relacionadas" pode consultarse a listaxe.
Diante da irremisíbel expropiación, en abril de 1933, a marquesa convoca aos seus colonos no pazo e promételles que as terras serán súas a súa morte a cambio de “oracións pola súa alma”. Nunha carta a Manuel Rico Vigo datada o día 29 de xaneiro no Hotel María Cristina de San Sebastián pódese ler: “diga a mis caseros a quienes quiero como hijos, cuanto y cuanto goza mi corazón de verlos dichosos con mi proposición!!!” A nova saíu en numerosos xornais galegos e nacionais que lle outorgaron un grado de popularidade inmensa. O que era unha estratexia para evitar a expropiación forzosa polo goberno republicano, foi louvada polos xornais como un “xesto de xenerosidade”, ”un acto de restitución”, “un xesto de nobleza e filantropía” da ex-duquesa.
Sen embargo, o trunfo dos partidos de dereitas nas eleccións de 1933 devolve á Natividad Quindós os folgos e delirios de Marquesa. Paralízase a Reforma Agraria e de novo os propietarios recuperan o pulso das leis. Como se escribía nos xornais de esquerda daquela: “Aquello de que la exduquesa de La Conquista hacía donación de las tierras a sus colonos, resultó que era un ‘camelo’. ... ¿Quiere hacer la exduquesa, de verdad, un acto de justicia, devolviendo las tierras a los colonos que las trabajan?. Conteste concretamente, que aún es tiempo. El Gobierno acepta. ¿No lo hace así?. Entonces es una pura filfa todo eso del altruismo de esa señora” [ El Obrero –agosto 1933]

A inxusta Lei de Arrendamentos Rústicos (1935) do goberno dereitista de Lerroux favorece de novo aos propietarios. A Marquesa aproveitará a nova situación legal para revisar os arrendamentos e subir os prezos que pagan os colonos polas terras e casais -cunha suba do 50%- ou desafiuzar a labregos que levaban un século traballando nas súas terras como lle aconteceu a Francisco Mera, o que provocará a indignación dos sindicatos agrarios. O caso de Francisco Mera e a suba xeneralizada de rendas será utilizado polos xornais de esquerda para denunciar á Duquesa da Conquista e a Lei de Arrendamentos rústicos.
A sublevación militar fascista, o 18 de xullo de 1936 "normalizará" definitivamente a situación. Coa ditadura de Franco a Marquesa, xa pode respirar tranquila coas súas terras e posesións de tempo inmemorial. De feito pasará o comezo da Guerra civil nun dorado exilio en Suiza ata o seu retorno a San Sadurniño no verán de 1937, asentada Galicia no territorio sublevado e controlado por Franco.. E por suposto, ningunha das promesas que fixo a Marquesa en 1933 será realidade.
Podes descargar documentos con máis información.

  • A Marquesa durante a Segunda República

  • Relación de Grandes de España que serán expropiados. Marquesa nº 37. (Pueblo Galego, 20-10-1932).

  • Promesa da marquesa en 1933

  • A Duquesa retorna. "El obrero" 18-8-1934

  • Desfiuzamento de Francisco Mera pola Marquesa (Pueblo gallego, 20.4.1935)

  • Efectos da nova lei de Arrendamentos (1935)

  • Crítica á Marquesa en "El Obrero" 26-8-1933

load

Documentos:

Gran e mediana propiedad en Galicia en 1933. Francisco Feo Parrondo
A marquesa e a Segunda República

Comentarios

Máis imaxes

Temas: guerra, labregos e labregas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: